Hoxe chegounos unha notiña de Curioso Impertinente na que nos comunicaba que xa está en marcha o seu novo falangullo de música, sen etiquetas: io~NOS.
Benvido de novo :)
blog: http://ionos.blogaliza.org/
rss: http://ionos.blogaliza.org/?feed=podcast
Estes días chegounos un correo-e de Suso Rubio avisando da reanudación das emisións de Radio Valadouro:
Ola amigos de podgalego, en Radio Valadouro, reanudamos as emisións e cambiamos de enderezo de podcast: http://radiovaladouro107-9.podomatic.com/
unha aperta
Esta mañá chegounos unha mensaxe da xente do programa "Alegría", da CUACfm, no que nos avisaban da súa mudanza:
Hola rapaces, vos escribimos para comunicarvos que nos botaron de podomatic, e que emigramos cara a este outro enderezo: http://alegria.mypodcast.com/
Recibide unha aperta e unha felicitación polo voso traballo.
Pois iso, avisados ficades.
Nos días de Nadal chegounos un correo-e de Roberto Catoira (CUAC fm) onde nos comunicaba a existencia de dous novos falangullos asociados a esta radio coruñesa:
Benvidos aos dous!
Estes días atrás chegáronnos á caixa de correo dous novos podcasts galegos, un desde Radio Piratona, a emisora libre de Vigo: Crestas e Imperdibles, que nos aprende a historia do punk desde a orixe até hoxe; e outro é o falangullo do colectivo Komunikando, que nace como plataforma de promoción das bandas galegas a través da rede. Benvidos á familia!