Iniciar sesión

II Certame de Recolla de Patrimonio Oral

certamePonte nas Ondas, a asociación luso-galega que leva anos loitando polo recoñecemento da tradición oral común dos países irmáns como Patrimonio Inmaterial na Unesco, acaba de convocar a segunda edición do concurso para a recuperación e coñecemento do patrimonio oral galego-portugués. O certame naceu para que a cadea de transmisión dos saberes e cultura populares non rache e teña continuidade nas novas xeracións. Está aberto ao alumnado de todos os centros educativos de Galiza e Portugal, de Infantil até a Universidade. O prazo de inscrición remata o 31 de xaneiro de 2008, e o de recepción de traballos, que pode ser en formato de video ou audio, o 1 de maio do mesmo ano.

+ info:
http://www.opatrimonio.org/ (web)
http://www.opatrimonio.org/gz/candidatura... (candidatura)
http://www.opatrimonio.org/varios/2008-Re... (bases)
via: http://www.vieiros.com/nova/63097/de-cant...

Responder