Iniciar sesión

Preparando o I Foro Podcasteiro Galego

I Foro Podcasteiro Galego Despois dos problemas de tempo para seguir preparando o tema e os días de lecer (ben merecidos) retomamos a cousa de facer a xornada podcasteira da que falabamos semanas atrás. Optamos por chamalo I Foro Podcasteiro Galego, pero estamos abertos a suxestións; de feito esta entrada é para recoller as vosas propostas. Queremos que o foro non sexa cousa só de Podgalego.org, senón de todos os podcasteiros galegos; nós xa temos a nosa idea do que queremos facer, pero estamos abertos a novos puntos de vista.
A data que estamos agora a barallar, despois de adialo tanto, é o 10 de maio, para ter así marxe de manobra para preparalo todo o mellor que se poida.
Nada máis, agardamos as vosas ideas, tanto nos comentarios a esta entrada como grupo de podgalego.

Responder