Coordinado pola xente de Pin Podcast, e trala suxestión de Alberto, un dos seus ouvintes, convocóuse o primeiro DIIP, Día Internacional do Intercambio Podcasteiro. A idea é a de trocar os podcastes duns e outros, imitando ou non o estilo do intercambiado, mais conservando a temática. O prazo de inscrición remata o 30 de novembro de 2007, e o 1 de decembro fanse públicos cadenseu troco. Despois, iranse subindo os resultados entre o 15 e o 28 de decembro. A día de hoxe hai anotados 27 podcasteiros.
+ info: http://www.pinpodcast.com/diip/