Eís unha listaxe de sitios onde atopar música e sons para os teus falangullos con licenzas de copyleft, baixo creative commons, coloriuris, ou similares... aparte dos que fomos topando nas nosas pesquisas persoais, aproveitamos tamén algunha aportación dos amigos de podcastellano.
O movemento de distribución de música baixo este tipo de licenzas é máis grande cada día que pasa, e faise imposíbel abranguelo todo, porén, nestes sitios podedes topar ligazóns a moitos outros sitios máis, e seguir a vosa propia busca.
A nosa intención, con esta listaxe, é, máis ca evitar posibles problemas de dereitos coa SGAE polas músicas que empreguedes nos falangullos, promover a música libre, porque se están a facer cousas moi interesantes fóra das gadoupas cobizosas da industria musical, e porque cumpre escoitar cousas novas que doutro xeito ficarían tristemente agochadas.
- netlabels galegos:
- alg-a netlabel, netlabel promovido polo colectivo alg-a, experimental e electrónica principalmente.
- a regueifa, (se cadra o máis rebulideiro de todos) novas bandas e vellos discos case esquecidos e descoñecidos.
- parafuso, especializado en electrónica.
- teorema, netlabel morracense especializado en electrónica.
o toxo rabudo, novo netlabel galego centrado en músicas punk-rock e heavy.
- tres catorce, división do netlabel teorema.
- de Portugal e Brasil:
- enough records, focado en electrónica, IDM, postrock, industrial, noise, glitch, drone e dark, non desbotan outros xéneros que lles enchan o ollo.
- lástima, netlabel que di actuar no cenário do rock nacional e internacional na sua expressão mais simplista, mas também na mais alternativa..
- merzbau, netlabel que se propõe a editar música que não tem espaço nos circuitos habituais da indústria musical de forma a tentar impulsionar o surgimento de novos nomes e nova música.
- phonotactics, novo selo portugués con música electrónica e experimental de distintas partes do mundo.
- rasarte, pop e rock.
- test tube, netlabel português focado a novos grupos con novos sons, electrónica ou acústico.
- tranzmitter, netlabel creado a partir da idea de divulgar produtores de música eletrónica de calidade e que ainda non posúen un selo co que espallar os seus traballos no Brasil ou no exterior.
- you are not stealing records, netlabel português promovido pola Stealing Orchestra.
- música en castellano:
- 127.es, proxecto de Enrique Sierra (Radio Futura) no que ademáis de música se distribúen textos, imaxes e software baixo licenzas creative commons. É preciso estar rexistrado para poder descargar.
- argentina folclore, música folclórica arxentina.
- date a conocer, sitio para dar a coñecer grupos e solistas españois.
- depop.es, plataforma independiente para promoción de artistas españois a favor da cultura libre.
- internerds.org, disqueira peruana on-line e off-line nacida para perder (cartos).
- holyrook, netlabel arxentino.
- mamushka dogs records, novo selo arxentino especializado no rock psicodélico.
- musicalibre.info, idem e tal...
- musikasi, unha especie de chuza para cancións baixo copyleft, pódense votar e descargar. Organizado por categorías.
- offaudio.com, portal e netlabel, sobre a música techno en España.
- poni republic, netlabel mexicano.
- trastienda, net-label radicado en Salamanca e dedicado ao pop, rock, folk e a electrónica en todas as variábeis.
- zona indie, blog dedicado á escea musical independente de Bos Aires, onde teñen unha compilación de discos arxentinos publicados baixo licenzas cc.
- de Cataluña:
- musicalliure.net, portal de difusión de música libre en catalán activo desde outubro do 2006.
- error! lo-fi recordings, xeitoso netlabel catalán cun ano de vida, que agora se lanza a publicar tamén en soporte CD. No catálogo teñen, ademais, xente de Polonia, Alemaña e Francia. Especializados en música experimental e folk.
- outros sitios:
- alpine chic, selo suizo que se confesa amante da música electrónica underground.
- another records, netlabel franco-belga.
- archive.org, a caixa de audio do arquivo da rede.
- artistserver.com, cancións soltas, ollo! algunhas con copyright.
- bitlab records, netlabel húngaro especializado en sons electrónicos.
- blocSonic, portal onde lanzan escolmas de música copyleft unha vez por mes, aforrándoche o traballo de andar ti a buscar pola rede adiante. Con cada lanzamento engaden un libriño dunhas 30 páxinas (mesmo máis) con abondosa información sobre os músicos e temas recollidos, e os netlabels até. Un traballo de campo impresionante, unha enciclopedia case.
- Bump Foot, netlabel xaponés expecializado en música electrónica, mas non só.
- cchits, sitio semellante a musikasi, pero en inglés.
- creative commons audio, a caixa para o audio baixo esa licenza.
- copydown, sitio italiano promotor da cultura libre que autoproduce música e ten tamén un podcast.
- dharma sound, netlabel italiano que traballa desde setembro do 2005. Ten sindicación dos lanzamentos para que poidas estar ao día das novidades.
- dogmazic, portal francés para distribución e promoción de músicos. Ten un curioso sistema para baixar as cancións, e é que traballa como un podcast: cada artista (e cada álbum) ten un feed propio, de xeito que podes subscribirte, e de cada vez que se suben novas cancións dese autor automaticamente se descargan ao teu computador a través do teu agregador habitual.
- dying giraffe, netlabel holandés de música pop-rock onde ademais de poder descargar as cancións tamén podes mercar os cedés orixinais por un prezo ben económico.
- fading ways, portal musical con cabeza e pés no Canadá, no Reino Unido e na Finlandia (rock, pop, folk e punk).
- id.eology, netlabel da Alemaña.
- IODA, precisas rexistrarte coma podcasteiro, e despois de eles comprobar que o es, podes empregar a música en promoción (tes que engadir os enlaces ás cancións en troco).
- jahtari, netlabel alemán centrado no dub.
- jamendo, grande almacén de música libre (a meirande parte en francés).
- magnatune.com, precisas rexistrarte como podcasteiro.
- pod music street, (en xaponés).
- podsafe audio, sitio estadounidense de música para podcasteiros, onde tamén se poden mercar os álbumes.
- serein, netlabel británico especializado en música electrónica.
- sunday in spring, netlabel belga.
- thinner, netlabel de música electrónica con base en Frankfurt activo xa desde o 1998, no que podes estar ao día dos novos lanzamentos por sindicación rss. levan xa publicado un cento de álbumes.
- travelling music, netlabel francés.
- unique records, netlabel belga.
- máis ligazóns interesantes:
- freesound, proxecto colaborativo onde subir e baixar arquivos e efectos de son con licenzas libres.
- netlabels.org, portal que tenta recoller todos os netlabeles de música libre tirando basicamente de archive.org e de scene.org, cunha wiki na que ordean por categorías e poñen ao día dos últimos selos e lanzamentos.
- Open Sonics, é o proxecto persoal do enxeñeiro de son David Holmes, que aproveitando os feeds de distintos sitios recolle as novidades que se dan no mundo da música libre, e, adaptando a ferramenta de Google para crear buscadores personalizados, creou un para localizar estas músicas, o Open Music Search engine.
- We share music, interesante portal, aínda en beta, onde os netlabels poden promover os seus lanzamentos e que permite tamén a descarga. Podes buscar a música por etiquetas e dispón dun rss para os últimos lanzamentos. De momento case todo é música electrónica de distintos estilos.
Seguimos pesquisando... ;)