Falcatruada acaba de abrir o Clube Dixital, un sitio onde podes escoitar, descargar e compartir a música dos artistas de Falcatruada, totalmente de balde. Alí atoparás as últimas novidades discográficas e toda a información dos últimos lanzamentos deste selo galego.
O clube inaugúrase coas novas cancións de Narf e de Xosé Manuel Budiño, artistas que lanzan os seus novos traballos discográficos nestes días.
Só lle falta un detalliño para que esta iniciativa sexa ideal, a posibilidade de sindicarse ás novidades (opción que non topamos por ningures) para estar sempre ao día e non perder as estreas; e concretar baixo que tipo de licenza se pode compartir. En calquera caso, parabéns á xente de Falcatruada por esta iniciativa.