Iniciar sesión

CMS para publicar o teu podcast

Os CMS, son sistemas de xestión de contidos que sirven para publicar na rede, e existen algúns específicos para a publicación de podcastes. Con todo, son para usuarios algo máis avanzados, porque hai que fochicar un pouco por dentro para que traballen como compre. Ademais, precisas unha hospedaxe propia que soporte cando menos PHP para que traballe o CMS, capacidade de almacenamento e uso de ancho de banda abondo para poder co fluxo dos arquivos de son que vas subir; isto fai que este sistema de publicación resulte, de primeiras, máis custoso economicamente por causa da contratación destes servizos.
Eis unha listaxe dos máis coñecidos:

Loudblog
É case seguro o máis empregado e está pensado e deseñado para o podcasting.
Podcast Generator
Desenvolvido polo italiano Alberto Betella (saxofonista de Verdecane e case un amigo) ao abeiro da Universidade de Bérgamo, moi lixeiro e sinxelo. Estamos traballando na tradución ao galego.
Podcast Suite de Joomla
Extensión para podcasting do popular CMS de código aberto.
PodPress
Extensión para podcasting do WordPress, outro dos CMS máis empregados na rede para bloguear; aínda que non é preciso ter hospedaxe propia se, por exemplo, tes blogue en Blogaliza.org, si precisarías subir a algún sitio os arquivos de son.