Iniciar sesión

Que é Podgalego.org?

Podgalego.org naceu a finais do verán de 2006 coa intención de recoller nun sitio todos os podcasts galegos (falangullos). Aquí podes atopar unha listaxe con todos os que imos descubrindo pola rede adiante, recursos e algunha axuda para que poidas escoitalos ou facer o teu.
Se coñeces outros falangullos, sitios de hospedaxe, ou informacións sobre o tema e non o temos recollido aquí, fáinolo saber mediante o formulario de contacto.