Iniciar sesión

Libro-Guía do podcasting en castelán

libro do podcastingO mes de novembro do pasado 2007 saíu á rúa un libro-guía sobre o podcasting editado por Anaya Multimedia: Podcasting, escrito por Juan F. Marcelo e Eva Martín.
O libro tenvos bastante boa pintiña, máis se facemos caso da recensión que fixo del Francisco Herrera no seu blog, que foi onde topamos a nova. Francisco di que malia que as guías desta editora normalmente son, en xeral, moi aburridas, neste caso non é así, topando, por contra, un libro moi completo e cunha redacción amena e lixeira. O certo é que se vemos o índice podemos comprobar que este abrangue dende a explicación de que é o podcasting, até as posibilidades comerciais do mesmo; pasando polo medio por aspectos legais, algúns directorios onde promover o teu falangullo, fundamentos básicos do son e cuestións técnicas (tipos de micrófonos, como montar un estudio caseiro...), a creación dos rss, software e hardware para realizalo... en fin, parece moi xeitosiño. Ten 384 páxinas e custa 13,30 € 12,80 €, que se ben non é moi barato, tampouco se fai moi caro (seguro que gastades máis unha noite de carallada).
+ info:
http://lajanda.blogspot.com/2008/01/podca... (castelán)
http://tinyurl.com/yru944 (castelán)