Iniciar sesión

Conexión Brasil

Associação Brasileira de PodcastPor cousas da vida (e da rede) onte contactounos un podcasteiro brasileiro, o Racum, moi interesando nos falangullos galegos. Grazas a el descubrimos que alá existe unha Associação Brasileira de Podcast que estas semanas atrás fixo unha enquisa entre os podcasteiros do Brasil. Podedes ver os resultados da enquisa nesta ligazón (http://pesquisa.abpod.org/sm/SurveySummar...) e unha análise desta muito interesante, feita por Racum, cos usos e costumes dos podcasteiros brasileiros e a súa audiencia (http://www.racum.com/tag/podpesquisa/). Tamén nos descubriu a existencia dun foro onde nos convidou a engadir os datos dos nosos falangullos para crear lazos entre as comunidades podcasteiras de ámbolas dúas beiras atlánticas.
Sorprendeunos ademais topar un artigo seu falando da lusofonia nos podcasts onde sumaba á Galiza a esa familia lingüistica, mesmo nos descubriu falangullos que non tiñamos engadidos ao noso directorio!! eis a resención:

Galícia
Galícia é o território noroeste da Espanha, eles não falam português, mas uma dialeto misturado com o espanhol chamado de galego. Há muita polêmica e disputa política sobre a classificação desse dialeto, mas uma coisa é certa: ele é similar ao ponto de ser quase todo inteligível por qualquer nativo em português, apenas com um forte ritmo e entonação do espanhol.

Outra cousa interesante que garda o blog do noso novo amigo son unha serie de entradas con consellos e axudas para producir un podcast, o seu podcast trata do tema, até.


Que fermosa é a rede, que fermoso o falangulleio, que fermosa a unión galego-portuguesa, ?