Lanzado Audacity 1.3.7 (beta)

audacityA xente de Audacity xa dispuso unha nova actualización da súa versión beta 1.3, desta vez chega a 1.3.7 (en outubro do 2008 saíra a 1.3.6) con máis melloras na exportación a .mp3 e .wma dos arquivos en estéreo, no borrado de ruido, e na exportación a formatos non comprimidos. Tamén arrombaron erros nas versións do programa para as plataformas Mac OS X, Linux e Windows Vista.
As traducións aos diferentes idiomas, galego incluido, aínda non son completas e continúan a desenvolver a versión 1.3, é por iso que seguen a recomendar a máis estábel 1.2.6, para os usuarios menos avanzados.
+ info: http://audacity.sourceforge.net/