A casa Blue Microphones, vén de sacar un micrófono especial para podcasteiros con conexión USB, o Snowflake Microphone. Din que é o primeiro micrófono portátil con calidade profesional; plug and play (non precisa controladores), compatíbel con Mac e PC, e deseñado especialmente para o podcasting e a telefonía por internet.
Aínda que hai quen arrenega e dí que, por malas experiencias, xamais vai mercar ou micrófono desa casa. Nós non sabemos, só deixamos caer a nova e que cada quen faga o que considere. :)
Trala nova do peche de Yahoo! Podcasts, falamos agora doutros directorios novos ou renovados:
Podanza, aínda coa etiqueta de beta, clasifica os podcastes por categorías e ofrece axuda para promocionar o teu podcast por medio de publicidade no sitio e destaque pagado. Ten unha lista dos máis populares (ou será dos que máis pagan? :P)
MacRadio, xa leva tempo existindo, mais non é até ben pouco que se enfocou cara ser un directorio de podcastes, máis en concreto podcastes vencellados ao "mundo Mac". Pódese buscar por categorías ou por tags. É preciso abrir conta.
Podango, malia ser fundada no 2006 márcase coma betaGamma. Ademais de directorio comezou ofrecer servizo de hospedaxe para podcastes, de balde, e non só, senón que tamén che pagarían por telo con eles. Como? Pois metendo pequenos inseridos publicitarios, dos que che darían unha parte dos beneficios (falan dun 50%); cantas máis descargas, máis gañas. Para saber máis aquí (inglés).
Despois de dous anos traballando, Yahoo anunciou que o 31 de outubro vai pechar o seu portal de podcastes, Yahoo!Podcasts. O certo é que o sitio levou sempre a etiqueta de beta, e era o menos visitado da compañía. No sitio tampouco dan máis explicación ca un ralo aviso na cabeceira: Yahoo! apologizes deeply, but we will be closing down the Podcasts site on Oct. 31, 2007, cousa que seica está a abrir debates sobre o tema, e hai quen deixa caer que a "culpa" é do iTunes, que come case todo o mercado do podcasting e deixa para os demais apenas os farelos; e apuntan, tamén, que os "videos" están a matar o podcasting.
+info:
http://www.podcastingnews.com/2007/09/26/... (inglés)
http://www.podcastingnews.com/2007/09/27/... (inglés)
http://www.conectarnos.com/blog/2007/09/2... (castelán)
http://www.xoles.com.mx/index.php?option=... (castelán)
http://www.techmeme.com/070926/p90#a07092... (inglés)
Naceu aló por setembro do 2006, porén, nós démos con el este verán, mentres realizaban unha especie de Lonely Planet por Europa co inter-rail.
Que é Europocket.tv? unha canle de televisión para os mozos europeos distribuído coma videocast, promovido e financiado pola Fundación Comunidad Valenciana Región Europea, e o Parlamento Europeo. Ten catro programas distintos: Europocket News, un telexornal case diario (descansa as fines de semana); Eko, un magazine que trata temas máis polo miudo; Zoom, unha mini-comedia sobre funcionarios europeos bastante divertida; e máis EPK+ Video, onde os mozos e mozas poden enviar os seus propios videos.
En resumo, unha iniciativa abondo ben coidada na calidade dos videos, e que podería ser un bo exemplo para proxectos semellantes ou distintos, pero con utilidade pública aquí en Galicia, ou non?.
+ info: Europocket.tv
Até hoxe, os podcasteiros que gostan de facer os seus podcastes por conferencia entre varios interlocutores, adoitan empregar o Skype empatado a software complementario (PowerGrammo, Pamela...) para gravar as conversas e elaborar o seu falangullo. Agora existe outra alternativa, TalkShoe. Nós non o probamos aínda, pero promete gravación, hospedaxe, largo de banda e tempo de gravación ilimitado... todo de balde; e di que se o teu talkcast (iso si se podería traducir por falangullo :P) chega ser popular, poderías gañar cartos mesmo. Isto último fainos pensar que haberá que ler moi polo miudo as condicións de uso do servizo (en inglés), non vaia se-lo demo...