O pasado 6 de decembro foran feitos públicos os premiados no concurso dos podcasteiros brasileiros. O podcast máis votado polo público foi o Nerdcast (o primeiro podcast totalmente nerd do Brasil), e o do xuri foi para o Escriba Cafe do Christian Gurtner.
Para ver os resultados completos en todas as categorías podedes seguir esta ligazón: http://www.blog.premiopodcast.com.br/?p=7...
Desde Manchester, Inglaterra, Ben Webb e Joe Henthorn preséntanos un podcast feito con GNU/Linux e con software libre en xeral.
Para facer o podcast utilizan o programa Jokosher, unha simple e poderosa ferramenta multipista. Con ela podedes crear, gravar música e construir o teu propio podcast . Podédelo descargar desde a páxina oficial Jokosher.
Ben e Joe teñen un podcast que habita no blogue Freedom Socks, en cada podcast poderedes escoitar diferentes reportaxes sobre o software libre, GNU/Linux e o uso deste ferramenta.
Xa ninguén ten desculpa para non fabricar o seu propio podcast e colgalo na rede.
Cando os podcast galegos parecían ir esmorecendo, novos falangullos agroman vizosos. Un deles non é unha novidade, máis ben un regreso agardado longo tempo: RadioOceánica, o programa da Radio Galega que rexe un dos nosos pioneiros nisto do falangullar, volve pór a andar a distribución das emisión por podcasting, agora cun novo rss.
E a novidade-novidade é que Ghanito, rexedor do popular blog Apocalipse do porco, levou a bo porto algo que levaba tempo a lle dar voltas na cabeza, facer un falangullo: Falabarato vai tratar de economía e tamén do que cadre, complementando así os contidos aos que nos ten afeito no seu blog.
Benvidos pois estes novos falangullos e... mil falangullos máis para o galego!!
O premio ao Mellor Podcast foi para Tortilla de Patata no que se "fala sobre a actualidade blogosférica no ton de humor con altas dosis de ironía". O outro podcast tamén premiado foi o de Kafelog premiado na categoría Mellor Blog do Público.
Máis de 170 podcast participaron ao longo de 47 días no Premio Podcast 2008 de Brasil. Contabilizáronse 21.266 votos que ao final tiveron que desestimarse polos ataques de hackers e participantes que romperon a validación das votacións. Por isa razón a organización estimou ademáis de organizar un xurado organizado por 7 persoas que escolleron 4 podcasts en cada categoría aos máis votados correxir os erros que se produciron e poñer tódalas puntacións a 0.
A continuación deixamos os links dalgúns deles:
Acontece em SP
Podcast 123
Celeiro do Rock
Podcasting Brasil