Podcasteiros hispanos organizan concurso de promos

Concurso de PromosA xente de Pin Podcast e a nosa compañeira Gelical, de Pataca Minuta e Falangullo Pataca, acaban de facer público o I Concurso de Audios Promocionales de Podcast Hispanos. A finalidade do concurso é promover os podcastes en castelán, fomentar a creación de novas promos, e facer máis visíbeis os podcastes dos participantes.
Só se pode enviar unha promo por podcast, ten que ser en castelán, inédita e creada entre o 1 de xaneiro e o 30 de abril de 2008, cunha duración de entre 30 e 45 segundos. Non está permitido o uso de contidos baixo copyright.
+ info:
http://promos.eventospodcasteros.com/ (castelán)

Nace o Podcrossing!!

Desde hai uns días, o noso bo amigo dorfun puxo a andar un movemento asociado ao podcasting coa fin de promocionar este formato de comunicación. O certo é que algúns empezamos a facer radio do mesmo xeito que el agora distribúe os falangullos, a xeito de podcast analóxico (aínda que o soporte sexa dixital).
Eís o seu manifesto:

Podcrossing ...coma o bookcrossing, pero con podcasts!

O intercambio de obxectos debe ser, despois do sexo, un dos xeitos de relación social máis estendido do mundo. Agora que as relacións interpersoais están tornándose en novas definicións coa intromisión da rede internet, existen aínda certos movementos que, mantendo os métodos tradicionais analóxicos, fan uso desas novas capacidades tecnolóxicas que se ofrecen hoxe en día.

O bookcrossing é o máximo expoñente deste tipo de accións. Un rexistro en-liña onde queda reflectida a vida dun libro, que por miles de posibles motivos distintos, unha persoa decide ceibar nalgún punto do planeta, agardando que un curioso o recolla. Tan simple coma iso: un colle un libro, rexístrao en bookcrossing.org e libérao coa esperanza de que quen o recolla reflita na mesma web o interese mostrado no libro... e así, ad-infinitum.

Con esta idea de partida nace o Podcrossing. Os podcasts, esa especie de locucións embebidas en arquivos de audio distribuidos pola rede coma sementes, están ocupando un espazo, coma o que anos atrás ocupaban as radios universitarias, locais, piratas,... Pero esa conexión puramente dixital, en ocasións impide que a difusión destes medios alcance a todo o mundo, sobre todo a aqueles que non teñen acceso a ese tecido enredado de bits.

A idea do podcrossing é ben sinxela: gravar un cd de audio co contido dun podcast e perder ese cd nalgún lugar concorrido. Así, sen máis... ben, igual estaría ben escribir na carátula os enderezos web e nomes dos podcasts incluídos. Pero permitir en calquera caso, que a sorpresa do descoñecido poda cativar para sempre ó inocente oínte.

Se a persoa que os escoite gusta do contido, estou ben seguro de que ha facer todo o posible para continuar con esta afección.

Lanzada está a idea, alguén ten algunha opinión ou suxestión?

Ceiba os teus falangullos! Que ouveen polos camiños!

Facer un podcast en catro pasos

No blog Tecnología Eficaz contan en catro pasos un xeito sinxelo de facer e publicar un podcast con software de balde, eis:

vía: http://www.diarioaborbo.com/2008/02/09/tu...
+ info: http://blog.tecnologiaeficaz.com/search/l...

Actualizacións importantes

Unha delas moi importante, o WordPress 2.3.3 por un grave problema de seguridade no XML-RPC. O problema en xmlrpc.php permite que calquera usuario validado poida modificar e manipular os artigos doutro usuario nese blog.
+ info:
http://mangasverdes.es/2008/02/05/wordpre... (castelán)
http://wordpress.org/development/2008/02/... (inglés)

E tamén hai actualización do Loudblog , o CMS especilizado para o podcasting saca a súa versión 0.8, con algunha mellora que arranxa pequenos erros, e a posibilidade de incorporar categorías e etiquetas nas entradas.
+ info:
http://www.loudblog.com/forum/viewtopic.p... (inglés)

Libro-Guía do podcasting en castelán

libro do podcastingO mes de novembro do pasado 2007 saíu á rúa un libro-guía sobre o podcasting editado por Anaya Multimedia: Podcasting, escrito por Juan F. Marcelo e Eva Martín.
O libro tenvos bastante boa pintiña, máis se facemos caso da recensión que fixo del Francisco Herrera no seu blog, que foi onde topamos a nova. Francisco di que malia que as guías desta editora normalmente son, en xeral, moi aburridas, neste caso non é así, topando, por contra, un libro moi completo e cunha redacción amena e lixeira. O certo é que se vemos o índice podemos comprobar que este abrangue dende a explicación de que é o podcasting, até as posibilidades comerciais do mesmo; pasando polo medio por aspectos legais, algúns directorios onde promover o teu falangullo, fundamentos básicos do son e cuestións técnicas (tipos de micrófonos, como montar un estudio caseiro...), a creación dos rss, software e hardware para realizalo... en fin, parece moi xeitosiño. Ten 384 páxinas e custa 13,30 € 12,80 €, que se ben non é moi barato, tampouco se fai moi caro (seguro que gastades máis unha noite de carallada).
+ info:
http://lajanda.blogspot.com/2008/01/podca... (castelán)
http://tinyurl.com/yru944 (castelán)

Distribuir contido