Iniciar sesión

as-pg

"Adeus", gaña o I Concurso de Podcasts da AS-PG

AdeusAdeus, a lectura declamada do coñecido poema de Rosalía de Castro, Adiós ríos, adiós fontes, gañou o I Concurso de Podcasts Lingüísticoartísticos convocado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega na categoría de Poema. O traballo presentouno o rapaz Anxo Rodríguez Lemos, do IES Primeiro de Marzo, que ambientou a súa lectura co Adagio de Samuel Barber e diversos sons da natureza de fondo. Podedes baixalo aquí (3,47 Mb).
O xurado, composto por D. Antón Álvarez, Dª. Anxa González Refoxo, D. Xoán Carlos Rábade, D. Eduardo Álvarez González e Dª. Mª Xesús Freire (secretaria), acordou que os demais premios para as outras categorías (Conto e Libre) ficasen desertos.
Aproveitamos a ocasión para facer público, e engadir no noso directorio, o Podcast Educativo lanzado pola AS-PG a finais de outubro do pasado 2007. O podcast ábrese en cinco canais distintos: Arquitectura, Ciencias e Natureza, Lingua, Persoeiros e Pintura. Deste xeito, pode un agregarse ao canal que máis lle preste e prescindir dos outros, aínda que podería estar ben ter un rss onde poder subscribirse a todos dunha tacada.
Tamén habilitaron o que chaman unha Podoteca, un recuncho útil onde saber máis cousas sobre temas de podcasting, e ligazóns de interese para os que queiran saber do asunto.

+ info:
http://www.as-pg.com/
http://www.as-pg.com/Podcast/
http://www.as-pg.com/ViewNewness.do?newne...
http://www.as-pg.com/Podcast/MoreInfoCont...

Máis actividades podcasteiras da AS-PG

A AS-PG segue coa súa teima de converter o podcasting nunha ferramenta válida para o mundo educativo e pedagóxico, cousa que nos enche de ledicia. Para iso, continúan coa súa rede de cursos e obradoiros por algunha das principais cidades e vilas galegas: A Coruña, do 24 ao 28 de setembro; Santiago de Compostela, do 24 ao 27 de setembro; Burela, do 12 ao 18 de novembro; Lugo, do 19 ao 22 de novembro; e Ourense, do 19 ao 23 de novembro.
Para saber dos cursos máis polo miúdo ver aquí.
Do mesmo xeito, poñen en marcha o 1º Concurso de Podcasts Lingüísticoartísticos (que xa destacaramos aquí meses atrás) coa colaboración e patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O concurso está aberto a todos os estudantes matriculados en calquera centro de ensino non universitario de Galicia.
Para consultar as bases podedes visitar a web oficial do concurso, ou descargar este PDF.

Distribuir contido