Iniciar sesión

software

Vozme, outro sintetizador de voz

vozmeVozme é un interesante e moi sinxelo programa para converter texto en voz. A calidade das transcricións, como case sempre neste tipo de aplicacións, non é nada doutro mundo, pero aí está, para os que lles dá aquel usar a súa propia voz nos seus falangullos. O máis destacado é que ten un plugin para Wordpress, e un script para inserir nos modelos de Blogger, que fan que se poidan escoitar as entradas do teu blog, cousa moi útil para os invidentes ou para os preguiceiros que non queren ler posts longos.
Dispón de conversión ao castelán, inglés e italiano.
+ info: http://vozme.com/, instrucións para inserilo no teu weblog aquí.

Actualización en Pamela

pamelaO popular software para gravar conversas telefónicas no Skype, Pamela, acaba de lanzar unha nova actualización, a 4.0. Este programa é moi útil para os que fan podcastes con distintos locutores que moran en lugares diferentes. Ten unha versión basic de balde que che permite gravar até 15 minutos de conversa, e outras de pago; desde a standar a 9,95 €, que deixa gravar 30 minutos, até as professional e business, que non teñen límite ningún.
+ info: http://www.pamela-systems.com/

Actualización de WavePad

A casa NCH Swift Sound, lanza unha actualización do seu editor de son multiplataforma (Windows, Mac O SX, e Linux correndo Wine) WavePad Audio Editor. Teñen unha versión de balde, con algunhas limitacións e outra de pago, que agora está en oferta até o 15 de decembro, por uns 26,00 € aproximadamente. Este editor vén cunha chea de complementos, coma gravadores de voz, de conversas telefónicas, rippeadores de cedeses, conversor de formatos, etc. Antes tiña versión en castelán, mas polo de agora só teñen versión en inglés, alemán e francés.
É algo máis difícil de manexar ca o Audacity para os que non sabemos moito de edición, pero recoñece máis formatos de audio, co que pode ser tamén unha moi boa axuda para preparar os teus podcastes.
+ info: http://www.nch.com.au/wavepad/index.html

Nova actualización do Audacity

logo de AudacityO software multiplataforma (Linux/Unix, Mac OS X, Windows) de edición de son, aberto e de balde, Audacity, acaba de sacar unha nova actualización da súa versión beta 1.3, a 1.3.4. Vén con algunha mellora, e de cada vez gaña en estabilidade e na recuperación de datos do proxecto se por algún motivo o programa se pecha sen gardar cambios.
Por outra banda, tamén descubrimos a existencia de Podcasting with Audacity: Creating a Podcast With Free Audio Software, un libro (en inglés, claro) que aprende como facer un podcast co Audacity. Saíu en xullo deste ano e os autores son Dominic Mazzoni e Scott Granneman. Edítao Prentice Hall e pode mercarse en liña, en formato PDF, por algo menos de 9,00 €.
+ info: Web oficial do Audacity, tutoriais (castelán, português do Brasil), descarga.

Máis do Zune, agora o directorio

Zune, a aposta de Microsoft para comerlle o negocio ao iTunes de Apple, anuncia para o 13 de novembro a apertura do seu Zune Marketplace e a renovación do software para os seus reprodutores. O Zune MarketPlace parece que vai ser o equivalente ao iTunes Store, podendo os usuarios subscribirse a un milleiro de feeds de podcasts, e tendo a posibilidade de ir engadindo outros novos. Ao tempo buscan crear unha rede social de usuarios. Todo isto tan xeitoso, parece que non vai servir de muito se non tes un reprodutor Zune. Por que non desenvolverán un Windows Media Player que permita subscrición a podcastes, como parece que fixo a xente de Winamp?
+ info:
http://tinyurl.com/2m7yru
http://tinyurl.com/3dl3d4
http://www.zune.net/en-US/meetzune/
http://www.podcastingnews.com/2007/11/07/...

Distribuir contido