Iniciar sesión

podpress

Máis actualizacións de Podpress

Seguen lanzando novas actualizacións do PodPress, a ferramenta para podcastear co WordPress, e vai xa pola versión 8.8.
+info: http://wordpress.org/extend/plugins/podpr... (inglés) http://www.mightyseek.com/podpress (inglés)

Sae o PodPress 8.3 ou 8.5 ou...

A aplicación que serve para usar o Wordpress coma soporte de podcasting, PodPress, sacou a súa versión 8.3, aínda que xa hai unha versión 8.5 que anuncian aquí... e que tamén existe na páxina de descargas deste plugin, porén, non coma primeira opción. Se cadra, esta última non é unha versión estábel, xa que logo, non existe ningunha 8.4, e as características non parecen variar dunha a outra.
En calquera caso, o Podpress xera distintos feeds automaticamente (RSS2, iTunes, ATOM e BitTorrent RSS); gráficos coas estatísticas de descargas; soporta distintos formatos (mesmo video); ten un reprodutor automático para MP3, OGG, MP4, MOV, FLV, SWF, ASF, WMV, AVI, mesmo con xanela emerxente; imaxe previa nos videos, e permite tamén facer comentarios de audio... e non sei cantas cousas máis.
+info:
http://wordpress.org/extend/plugins/podpr... (inglés)
http://www.mightyseek.com/podpress (inglés)

Distribuir contido