Iniciar sesión

reprodutores

Almofada con mp3

Os deseñadores Per Arlander, Madlene Linstrom e Ozgur Tasar pensaron que era unha moi boa idea poder escoitar música mentres descansas repachingado no sofá e déuselles por inventar esta moderna e bonita almofada reprodutora de mp3.
A MPillow está rechea cun plástico translúcido feito dun xel flexíbel e elástico desenvolvido na Alemaña, chamado Technogel. Pode conectar sen fíos co computador e descargar música, os teus falangullos favoritos ou empregar os sons que fornecen os servidores propios da Mpillow. Tamén ten luces relaxantes que cambian de cor e intensidade co ritmo da música.

+ info:
http://www.tecnodomos.com/nueva-almohada-... (castelán)
http://www.podcastingnews.com/2007/12/28/... (inglés)
http://www.yankodesign.com/index.php/2007... (inglés)
http://www.technogel.de/ (alemán, inglés)

Alternativas ao PodPress para publicar audio en WordPress

Hai pouco topamos un interesante post no que falaban de distintos xeitos de publicar audios no Worpress sen empregar o PodPress. Podedes consultalo aquí. E grazas a isto topamos estoutro sitio onde falan doutros xeitos de publicar audios e de distintos reprodutores en liña.
E aquí un tutorial en video de como facelo co Audio Player, un plugin de Worpress para encastrar audios nos posts.

Songbird xa asubía en galego

Songbird, o reprodutor multimedia e multiplataforma vencellado á Fundación Mozilla, xa ten tradución ao galego grazas ao traballo de Calidonia, que a rematou a partir dunha tradución incompleta de aproximadamente o 20% que alguén principiara nunha versión anterior da aplicación. Os que queirades a extensión que traduce o reprodutor á nosa língua podedes baixala neste enlace.
Calidonia aproveitou o momento para falar das virtudes do Songbird, igual que tamén fixo uns días despois Manuel Gago no seu blog Capítulo 0, onde se atreveu a dicir que o "paxuriño" podería rematar por destronar ao iTunes. Nós non sabemos se iso vai chegar acontecer, levamos uns días probando o Songbird e aínda non lle collemos moito o xeito (igual son un zoupón) polo menos á hora de sindicar podcastes, que é unha das cousas que mellor fai o iTunes. Ben é certo que aínda está na súa versión 0.3 "Developer Pre-release", co cal, aínda lle falta moito por andar. Ficaremos atentos pois.
+ info:
- O artigo no blog de Calidonia.
- O artigo no blog de Manuel Gago.
- Páxina oficial de Songbird.
- Paxina oficial do iTunes.

O Zune® súmase ao podcasting

A nova xeración de reprodutores da casa Microsoft, o Zune, vén preparado para os feeds dos podcasts, cos que se poderá sincronizar sen fíos até. A idea debe ser a de competir co rei nese eido, o iPod, e comer parte da cobizosa torta dese negocio. Mesmo sacaron un botón especial para subscribirse automáticamente ao Zune semellante ao que xa aparece en case todas páxinas dos podcasts para engadilos de xeito rápido e sinxelo ao iTunes. O que non sabemos é se a dependencia do novo reprodutor respecto do seu software complementario é tan grande como a do produto de Apple. Aínda que coñecendo un pouco ao pai, seguro que si...
+ info:
en vieiros.com
http://tinyurl.com/yspob8 (inglés)
http://tinyurl.com/38uwo8 (inglés)
http://www.zune.net/en-us/prensa/default.... (castelán)

Distribuir contido