Eís unha breve listaxe dalgúns sitios onde podes subir e crear o teu falangullo de xeito sinxelo e despreocupándote de ter que crear os rss.
- de balde:
WordPress.com, desque decidiu que as contas dispoñan, de balde, de até 3 Gb de espazo, combinado coa súa extensión PodPress, é unha das mellores opcións que se ofertan agora mesmo.
- podango.com, fundada no 2006 como directorio, agora ofrece servizo de hospedaxe de balde, e disque mesmo pagan por telo con eles metendo pequenos inseridos publicitarios, dos que che darían unha parte dos beneficios (falan dun 50%).
- PodServe, aínda en fase alfa, pero parece que non pon límites de hospedaxe.
- podbean.com, dá até 100 Mb de balde, e de pago dende 1 Gb a 1,99$ (1,47€)/mes até ilimitado por pouco máis de 12,00€/mes.
- clickcaster.com, ten versión de balde (até 125 Mb) e de pago, está en beta.
- blip.tv, enfocado para o videocasting, tamén sirve para só audio. Aparentemente non ten límite de hospedaxe, non insire publicidade, e permite publicar automáticamente o episodio no teu blog e en redes sociais. Consideramos que esta é unha das mellores opcións. (en inglés)
- podomatic.com até 500 Mb (de pago até 2 Gb.), outra moi boa escolla para comezar nisto.
- Blogaliza, o servizo galego de blogues baseado en Wordpress, tamén serve para facer podcastes combinado coa extensión PodPress.
- castpost.com
- poderato.com, sitio mexicano, antes chamado espapod.com. De balde até 100 Mb, para ter máis hospedaxe é preciso contactar por correo-e para saber as condicións.
- gcast.com
- evoca.com (seica permite gravar co Skype até 60 minutos de balde, máis tempo hai que pagar).
- mypodcast, pois de momento parece de balde, aínda que che meten propaganda no comezo do audio.
- Odeo.com, xa non ofrece hospedaxe.
- de pago:
- lidsyn.com
- shockpod.com
Agora non digades que tedes preguiza. ;)