Iniciar sesión

gravación

Free Hi-Q Recorder, outro gravador de balde

O Free Hi-Q Recorder é a versión de balde do Easy Hi-Q Recorder, un gravador de sons sinxelo de uso e que permite gravar en distintos formatos (mp3, wma, wav e ogg) e calidades. A versión free é algo máis limitadiña, pero igualmente interesante. Ten a opción de programar o comezo da gravación nun día e hora concretos, e igualmente a duración do mesmo. Moi configurábel, e traballa en Windows e máis en Mac.
+ info: http://www.roemersoftware.com/

Actualización en Pamela

pamelaO popular software para gravar conversas telefónicas no Skype, Pamela, acaba de lanzar unha nova actualización, a 4.0. Este programa é moi útil para os que fan podcastes con distintos locutores que moran en lugares diferentes. Ten unha versión basic de balde que che permite gravar até 15 minutos de conversa, e outras de pago; desde a standar a 9,95 €, que deixa gravar 30 minutos, até as professional e business, que non teñen límite ningún.
+ info: http://www.pamela-systems.com/

Actualización de WavePad

A casa NCH Swift Sound, lanza unha actualización do seu editor de son multiplataforma (Windows, Mac O SX, e Linux correndo Wine) WavePad Audio Editor. Teñen unha versión de balde, con algunhas limitacións e outra de pago, que agora está en oferta até o 15 de decembro, por uns 26,00 € aproximadamente. Este editor vén cunha chea de complementos, coma gravadores de voz, de conversas telefónicas, rippeadores de cedeses, conversor de formatos, etc. Antes tiña versión en castelán, mas polo de agora só teñen versión en inglés, alemán e francés.
É algo máis difícil de manexar ca o Audacity para os que non sabemos moito de edición, pero recoñece máis formatos de audio, co que pode ser tamén unha moi boa axuda para preparar os teus podcastes.
+ info: http://www.nch.com.au/wavepad/index.html

Nova actualización do Audacity

logo de AudacityO software multiplataforma (Linux/Unix, Mac OS X, Windows) de edición de son, aberto e de balde, Audacity, acaba de sacar unha nova actualización da súa versión beta 1.3, a 1.3.4. Vén con algunha mellora, e de cada vez gaña en estabilidade e na recuperación de datos do proxecto se por algún motivo o programa se pecha sen gardar cambios.
Por outra banda, tamén descubrimos a existencia de Podcasting with Audacity: Creating a Podcast With Free Audio Software, un libro (en inglés, claro) que aprende como facer un podcast co Audacity. Saíu en xullo deste ano e os autores son Dominic Mazzoni e Scott Granneman. Edítao Prentice Hall e pode mercarse en liña, en formato PDF, por algo menos de 9,00 €.
+ info: Web oficial do Audacity, tutoriais (castelán, português do Brasil), descarga.

Distribuir contido