Unha delas moi importante, o WordPress 2.3.3 por un grave problema de seguridade grave no XML-RPC. O problema en xmlrpc.php permite que calquera usuario validado poida modificar e manipular os artigos doutro usuario nese blog.
+ info:
http://mangasverdes.es/2008/02/05/wordpre... (castelán)
http://wordpress.org/development/2008/02/... (inglés)
E tamén hai actualización do Loudblog , o CMS especilizado para o podcasting saca a súa versión 0.8, con algunha mellora que arranxa pequenos erros, e a posibilidade de incorporar categorías e etiquetas nas entradas.
+ info:
http://www.loudblog.com/forum/viewtopic.p... (inglés)
O servizo de balde para aloxar blogues, WordPress.com, decidiu que agora as contas dispoñan, de balde, de até 3 Gb de espazo, cousa que abre a posibilidade de, coa axuda do Podpress, hospedar alí un podcast durante unha boa tempada. A que soa gorentoso? Non permiten aínda subir arquivos de video e non serve para facer un videocast, mais se isto ten éxito, non desbotamos que chegue acontecer, non?. Ah, e se tiñas xa pagada unha ampliación a 1 Gb. de espazo dos 50 Mb. que ofertaban antes de balde, agora danche até 5 Gb!
+ info:
http://mmagnum.wordpress.com/2008/01/23/w... (castelán)
http://unpocodemucho.wordpress.com/2008/0... (castelán)
http://wordpress.com/blog/2008/01/21/thre... (inglés)
Vozme é un interesante e moi sinxelo programa para converter texto en voz. A calidade das transcricións, como case sempre neste tipo de aplicacións, non é nada doutro mundo, pero aí está, para os que lles dá aquel usar a súa propia voz nos seus falangullos. O máis destacado é que ten un plugin para Wordpress, e un script para inserir nos modelos de Blogger, que fan que se poidan escoitar as entradas do teu blog, cousa moi útil para os invidentes ou para os preguiceiros que non queren ler posts longos.
Dispón de conversión ao castelán, inglés e italiano.
+ info: http://vozme.com/, instrucións para inserilo no teu weblog aquí.
Seguen lanzando novas actualizacións do PodPress, a ferramenta para podcastear co WordPress, e vai xa pola versión 8.8.
+info: http://wordpress.org/extend/plugins/podpr... (inglés) http://www.mightyseek.com/podpress (inglés)
Hai pouco topamos un interesante post no que falaban de distintos xeitos de publicar audios no Worpress sen empregar o PodPress. Podedes consultalo aquí. E grazas a isto topamos estoutro sitio onde falan doutros xeitos de publicar audios e de distintos reprodutores en liña.
E aquí un tutorial en video de como facelo co Audio Player, un plugin de Worpress para encastrar audios nos posts.