Iniciar sesión

netlabels

Teorema e Tres Catorce, novos netlabels galegos

Teorema netlabelXa vai para un bo feixe de semanas, o amigo Calros nos comentaba que o Morrazo, noutrora capital do heavy nos oitenta, Tres Catorce netlabelestaba a se converter agora en capital da electrónica na Galiza, e nos remitía a un novo netlabel especializado nese tipo de música, Teorema. Até agora non teñen unha web propia e traballan polo myspace, mais así e todo teñen xa lanzandos baixo licenzas creative commons, media ducia de EPs carregados de electrónica, techno e house; somándose deste xeito ao selo especializado tamén neste xénero musical Parafuso, que leva xa un ano lanzando novas propostas. No seu myspace din que pertencen ao Colectivo Feelthetrip, unha especie de asociación de dj galegos, principalmente cangueses, onde tamén podes descargar, baixo a mesma licenza, as súas producións.Piedra Angular
E esta mañá, de novo Calros, achégame un correo que lle remitiran desde Teorema, anunciando o nacemento de Tres Catorce Netlabel, unha división do selo, enfocada cara o baile mental, e o lanzamento da súa primeira referencia: un compilatorio chamado Piedra Angular, cheo de sons ambient, jungle, post rock e mesmo dub. Neste disco recollen producións de Astroboyz, Leche, Movhi, One, Malt.Tabulated Sounds, A.I, SR Duck, Dark Squad, Danjelli, Nai-Ox, Misqulater, LUME Produccions, Jacobo Prieto, e Dedxound.
E pesquisando por estes sitios topamos tamén estoutros, que poden ser de interese para os siareiros destes sons de club e baile: Offaudio.com, portal e netlabel, sobre música techno en España e Flyers de Luxe, web de cultura electrónica viguesa.

Distribuir contido