Iniciar sesión

podcasteiros

Conexión Brasil

Associação Brasileira de PodcastPor cousas da vida (e da rede) onte contactounos un podcasteiro brasileiro, o Racum, moi interesando nos falangullos galegos. Grazas a el descubrimos que alá existe unha Associação Brasileira de Podcast que estas semanas atrás fixo unha enquisa entre os podcasteiros do Brasil. Podedes ver os resultados da enquisa nesta ligazón (http://pesquisa.abpod.org/sm/SurveySummar...) e unha análise desta muito interesante, feita por Racum, cos usos e costumes dos podcasteiros brasileiros e a súa audiencia (http://www.racum.com/tag/podpesquisa/). Tamén nos descubriu a existencia dun foro onde nos convidou a engadir os datos dos nosos falangullos para crear lazos entre as comunidades podcasteiras de ámbolas dúas beiras atlánticas.
Sorprendeunos ademais topar un artigo seu falando da lusofonia nos podcasts onde sumaba á Galiza a esa familia lingüistica, mesmo nos descubriu falangullos que non tiñamos engadidos ao noso directorio!! eis a resención:

Galícia
Galícia é o território noroeste da Espanha, eles não falam português, mas uma dialeto misturado com o espanhol chamado de galego. Há muita polêmica e disputa política sobre a classificação desse dialeto, mas uma coisa é certa: ele é similar ao ponto de ser quase todo inteligível por qualquer nativo em português, apenas com um forte ritmo e entonação do espanhol.

Outra cousa interesante que garda o blog do noso novo amigo son unha serie de entradas con consellos e axudas para producir un podcast, o seu podcast trata do tema, até.


Que fermosa é a rede, que fermoso o falangulleio, que fermosa a unión galego-portuguesa, ?

Podcasteiro galego preséntase ao Senado

Mariano GrueiroMariano Grueiro, considerado o primeiro galego nisto de probar co podcasting co seu desaparecido Plan Galicia, anunciou no seu blog que se presenta ao Senado nas Xerais deste ano, pola candidatura que o POSI presenta na provincia de Lugo. Alí, dá conta dos motivos polos que tomou esta decisión e entrevístase a si mesmo consciente da pouca difusión que a súa candidatura vai ter nos media. Nós, como non somos un grande media, e el é podcasteiro, si damos a nova. Sorte o día 9 Mariano (Grueiro)!

+ info: http://grueiro.blogaliza.org/2008/02/22/m...

Xuntanza podcasteira

Mentres non organizamos por Podgalego.org unha xuntanza oficial de podcasteiros, que ganas non faltan pero agora mesmo as obrigas nolo impiden, imos facer pública a chamada que a xente de Sounds OK nos fixo chegar:

Desde Sounds OK estamos intentando organizar una quedada, aunque no sea la oficial de podgalego nos gustaria compartir una tarde entre podcasters y blogueros, preferiblemente seria el martes 5 (Dia de carnaval) por la tarde, no sé si podeis hacer esto pero nos gustaria recibir opiniones lo antes posible para poder organizarnos.
Muchas gracias, un saludo.

Ben, pois ficades todos convocados. Deixamos aberta a porta dos comentarios por se queredes canalizar a hora e o lugar por aquí, por podgalego, ou no grupo de Google que abrimos días atrás. Para o que queirades ;)
Eu, se podo vou. :)
Actualización: Sabemos que preparado con tan pouco tempo pouca xente ha ir, mais acougade, que xa estamos desde podgalego.org, coas referencias dos comentarios e correos que nos están chegando, traballando para artellar unha xuntaza máis cobizosa. Con todo, posto que os amigos de Sounds OK deixaron nun comentario lugar e data, poñémolo aquí, máis visíbel para que todo o mundo o vexa. A cita é en Compostela, no Abrigadoiro, na rúa Carreira do Conde, 5, a iso das oito da noitiña do martes 5 (deixamos un mapa do google para que vos orientedes).

Sak, dos falangullos á Radio Galega

SakA el dálle aquel que o digamos, pero o noso compañeiro Sak, pioneiro no podcasting en galego co seu magnífico e, mágoa, desaparecido e-music (a ver se un día fai algo para subilo á rede outra vez), pasou de ter un falangullo a ser o flamante presentador e director de Radio Oceánica, en Radio Galega Música, recollendo o testemuño de Noel Feáns, anterior director do programa.
Sak comenzou con isto aló polo ano 2002, na Cuac FM; tempo despois cando, no 2004, buscaba o xeito de facer radio en liña na internet, deu co tema do podcasting, e aló que foi convencido de que o sistema tiña futuro. Nun principio, creaba os rss código en man, o valente; e foi así que o seu e-music, vía podcast, comezou medrar en popularide entre os internautas galegos. O seu bo facer e a súa voz, persoal e cálida, facianos crer, e desexar a moitos, que o seu sitio estaba nunha emisora de radio grande, e eis que agora o temos na Radio Galega. E ben cheos e orgullosos que estamos!
E como a cabra tira ao monte, vai retomar a publicación de Radio Oceánica en formato podcast, que estaba parada desde o mes de xullo pasado, o cal nos vén ben aos despistados que esquencemos que todos os domingos temos cita con el a iso das 22:00 h.
E ademais é bo rapaz!

Distribuir contido