Iniciar sesión

falangullos

"Alegría" muda de sitio web

Esta mañá chegounos unha mensaxe da xente do programa "Alegría", da CUACfm, no que nos avisaban da súa mudanza:

Hola rapaces, vos escribimos para comunicarvos que nos botaron de podomatic, e que emigramos cara a este outro enderezo: http://alegria.mypodcast.com/
Recibide unha aperta e unha felicitación polo voso traballo.

Pois iso, avisados ficades.

Chégannos a pares

Nos días de Nadal chegounos un correo-e de Roberto Catoira (CUAC fm) onde nos comunicaba a existencia de dous novos falangullos asociados a esta radio coruñesa:

  • Recendo, programa feito pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, da Coruña, que trata temas culturais e sociais.
  • A fume de carozo, programa musical realizado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.

Benvidos aos dous!

Dous novos falangullos

Estes días atrás chegáronnos á caixa de correo dous novos podcasts galegos, un desde Radio Piratona, a emisora libre de Vigo: Crestas e Imperdibles, que nos aprende a historia do punk desde a orixe até hoxe; e outro é o falangullo do colectivo Komunikando, que nace como plataforma de promoción das bandas galegas a través da rede. Benvidos á familia!

Novos falangullos

Seguen a sair máis podcasts galegos. Desta tacada os dous musicais, un sobre músicas do mundo: O Tragasons; e outro de músicas embrutecedoras: Amor en bruto. Podedes ver máis detalles no directorio e seguindo as ligazóns.
Benvidos os dous!!

+ info:
http://tragasons.podomatic.com/
http://amorenbruto.podomatic.com/

Máis falangullos no noso directorio

Cando os podcast galegos parecían ir esmorecendo, novos falangullos agroman vizosos. Un deles non é unha novidade, máis ben un regreso agardado longo tempo: RadioOceánica, o programa da Radio Galega que rexe un dos nosos pioneiros nisto do falangullar, volve pór a andar a distribución das emisión por podcasting, agora cun novo rss.
E a novidade-novidade é que Ghanito, rexedor do popular blog Apocalipse do porco, levou a bo porto algo que levaba tempo a lle dar voltas na cabeza, facer un falangullo: Falabarato vai tratar de economía e tamén do que cadre, complementando así os contidos aos que nos ten afeito no seu blog.
Benvidos pois estes novos falangullos e... mil falangullos máis para o galego!!

Distribuir contido