O directorio está organizado por categorías, se prefires velos todos dunha tacada mellor preme aquí.
Ainda que os podcast son algo máis que blogues falados, a temática estrela dos blogues tamén vive nos podcast: "falar dun mesmo ou falar do que se queira".
"As areias comúns métense nos ollos, as areias sonoras entras polas orellas." Así se define un dos podcastes máis veteranos que ademais mantén a orixinalidade dos primeiros intres do podcasting. Pequenas pílulas sonoras que todo afeccionado ao podcast non debe perder.


No inicio dos podcast algunha xente relacionábaos con blogues falados, finalmente esa definición e só parte do podcasting e este é un dos exemplos máis senlleiros do estilo persoal para facer falangullos.


Calidonia conta, ademáis dun coñecido blogue, cun podcast no que podemos escoitar toda clase de curiosidades en formato sonoro. A exclusividade dos audios fan deste podcast unha recomendación con éxito asegurado.


Este é un podcast colaborativo "resultado da fusión de competencias podcasteiras entre O Páramo, Láncara e O Corgo, concellos do sur de Lugo." dirixido por Gelical, podcasteira de sona grazas ao seu Pataca Minuta en español.


Ouveos na noite é unha das mutacións de Zimmer103 que no seu particular estilo ofrece unha ollada mandrílica da realidade. Como podcasteiro leva xa tempo con ouveos pero a súa aportación perdeuse no limbo dos servidores caidos, esta é a súa segunda xeira de ouveos.

