O directorio está organizado por categorías, se prefires velos todos dunha tacada mellor preme aquí.
Ainda que Podcast está referido ao audio sindicado o concepto expándese e os videos sindicados toman o nome de VideoPodcast.
A produtora galega Adivina Produccións recorre ao podcasting para promocionar os seus produtos, achegándonos traileres, entrevistas, making of...

Video podcast centrado na contrainformación política nacional, entrevistas, crónicas, reportaxes...

Curtas na rede é un concurso para a promoción de curtas que utiliza a internet coma principal medio de comunicación, web e podcast de video son os formatos escollidos (ben escollidos ao noso entender ;) ).

Vodcast que segundo as súas propias palabras "persegue a emancipaçom social e nacional da Galiza através da produçom e realiçaçom audiovisual" e que ofrece videos que dificilmente se poden ver noutros lugares da rede.
