O directorio está organizado por categorías, se prefires velos todos dunha tacada mellor preme aquí.
Ainda que sen sindicación non se poden considerar podcast, existen webs que teñen arquivos sonoros ou audiovisuais que merecen a pena ser catalogados.
Nun tempo no que o podcasting ainda non estaba totalmente estendido naceu "Se descobres que a Nasa che rouba os discos de cumbias" en Radio Kalimero (Compostela), un programa sobre música galega pioneiro e referente nas radios libres.
On the rocks é un programa de radio para internet coa novísima estrela mediática Pepa Arán, definido coma "un microespazo musical sobre bandas democráticas, populares e solistas". A pesar de non ter sindicación éste é un programa que pola súa preparación, producción e contidos é referencia indispensable na internet galega.
Quen teña algo que dicir que dea un paso adiante e cale. (Karl Krauss) No blogue de Pablo Torreiro podemos atopar as súas creacións literarias. (a pesar de que non teña un rss tipo podcast, si conta cun rss dos arquivos que aparecen no blogue e un reproductor neste)
Podcast do Arquivo Sonoro de Galicia. Xestionado polo Consello da Cultura Galega, leva funcionando dende decembro do 2006. Ten un RSS pero é incompatible cos principais programas de sindicación.
Ponte nas ondas é un proxecto de dobre achegamento, por unha banda aproximar aos nenos en idade escolar á radio e por outra aproximar a cultura común galego portuguesa. Levan na rede xa moitos anos e seguramente por iso non están sindicados mediante feed, ainda así estamos diante dunha das iniciativas máis potentes en canto a radio e educación no noso país.