O directorio está organizado por categorías, se prefires velos todos dunha tacada mellor preme aquí.
Porque galego non so é un idioma senón unha procedencia, aquí poderás atopar os podcast feitos por galegas e galegos.
Os museos coruñeses (Casa das ciencias, Casa do home e Casa dos peixes) ademáis dun podcast con interesante contido utilizan o soporte podcast para que os visitantes poidan percorrer as exposicións acompañados dunha guía sonora, unha iniciativa que ainda que non pioneira segue sen chegar a facerse habitual.



Canal Buabua é un podcast con contidos feitos por nenos e para nenos, que xestionan os educadores Ana González e Fran Iglesias. Empezaron con audio e agora seguen con vídeo.



Dende Vigo, Cintia e David Alfonso fan un podcast variado sobre cine, musica, series, actualidade, libros, internet...



De xeito máis ou menos regular este podcast ofrece música indie brevemente comentada, explorando en cada programa grupos, festivais ou tendencias.


Os Museos Científicos da Coruña no seu afán divulgador e pioneiro abren unha canle de podcasts para levar os sons das exposicións e conferencias que transcurren neses museos.


Dende unha aldea de Lugo faise un dos podcast de maior éxito no estado, Patacaminuta. Un podcast temático en torno ás cousas que nos fan sentir estúpidos e no que a audiencia ten un importante papel.



Un podcast xa finado pero que conserva o espírito innovador das primeras experiencias podcasteiras en español. Podfabs! son músicas acompañadas do imaxinario e o enxeño do ictioscopio.



Dende a factoría radiofónica da CuacFM, un novo programa de radio súmase ao podcasting. Resaca musical ofrece dúas horas de música e información sobre o panorama internacional do pop de do rock.


Sopas con onda é un programa da emisora CuacFM adicado ao humor e á diversión e abofé que o consiguen, pasando por ser un dos mellores programas de humor de Galicia. Despois de varias temporadas nas ondas saltan ao podcasting.


SoundsOK é un podcast sobre música e caralladas feito desde Compostela e presentado por Francisco Dans, Nicolás Soto e Santiago Codesido. Polo San Martiño do 2007 fixeron un episodio especial en galego dedicado ao benquerido Zimmer103.



Manuls e Andrés Milleiro son dous blogueiros ben coñecidos no estado e agora lánzanse cun podcast no que falan música, deportes, televisión e sobre todo internet e blogosfera, sempre co bo humor que os caracteriza e moita ironía e mesmo críticia áceda.



O famosísimo programa de radio Zapping tamén conta cun podcast onde poderemos escoitar os programas que nos perdemos do dúo cómico radiofónico máis famoso de Galicia.



ZuHause, é un podcast sobre viaxes realizado por Gabriel S. Balirac, estudante de Publicidade e Relacións Públicas na Universidade de Vigo. Está sen actualizar desde decembro de 2006.


