O directorio está organizado por categorías, se prefires velos todos dunha tacada mellor preme aquí.
Podcast de contido musical
c'mmons baby! é un programa sobre a música que se publica baixo licenzas copyleft. Unha produción do ictioscopio para Ego99. (Despois de seis emisións en castelán, o 24 de febreiro de 2008, pasa a facerse en galego.)

Sons nas orellas... Miriño deita na rede escolmas cos temas que máis lle andan na súa cabeciña.

A caixa sonora de Chiquito de la Highway 61, onde recolle cancións sinxelas para un mundo básico, case primitivo e versións galegas de cancións dylanianas.



Cancións do panorama pop e rock internacional do presente e sobre todo do pasado, acompañado de cadansúa letra, concéntranse no podcast Ignore Alien Orders.


Perfidia é un programa de radio que se leva emitindo dende hai anos en CuacFM e que semana tras semana trae a éxtase rockeira do panorama nacional e internacional. Veteranos da radio convertidos en podcasteiros.


Radio oceánica é un programa da Radio Galega Música que ata a renovación da web da crtvg utilizou o podcasting como xeito de ampliar a súa audiencia.


Radio-ds son audios en formato podcast con novidades musicais galegas e un espazo de conversa, creado dende o colectivo Proxecto-ds.


O grupo Remolca Madriña tamén utiliza o podcasting para facer públicas as súas cancións.


O colectivo Sinsal ten entre as súas actividades máis senlleiras a organización do xa mítico Festival Sinsal. Para os que non poidan acudir algunha edición, o colectivo ofrece un podcast coas grabacións de anacos dos concertos. As interconexións entre diversos grupos relacionados coa investigación sonora fixo que no pasado este podcast contara con varias edicións de "A etiqueta" un programa radiofónico emitido so en Vigo uns anos atrás e que pasaba por ser o programa referente do mundo do son e da música.



Falangullo que promociona a grupos emerxentes principalmente galegos nun ambiente distendido.


Volonté é un grupo de música experimental que utiliza o podcasting como xeito de levar os seus novos temas ao seu público.

