O directorio está organizado por categorías, se prefires velos todos dunha tacada mellor preme aquí.
Nesta categoría tedes todos os podcast para os amantes dos falangullos que queirades velos todos xuntos.
12 Lúas é un proxecto cultural basado nas novas tecnoloxías gratuítas de internet (Youtube, Mindtouch Deki Wiki, Blogspot, Google Mail, Archive.org, Flickr e Facebook) coas licencias Creative Commons.
12 lúas tenta ser unha plataforma cultural que cubra tódalas áreas: música, poesía, arte, audiovisual...
Neste podcast poderedes atopar desde música, recitais, entrevistas, etc.



Un formato americano coma os late night show pasado ao galego: monólogos, entrevistas, actualidade, humor, música e outras seccións que xordirán ao longo da tempada.



Podcast do Centro Social A Esmorga de Ourense, habitualmente conferencias, debates, concertos...


A fume de carozo é un programa musical da CUAC fm realizado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.



A produtora galega Adivina Produccións recorre ao podcasting para promocionar os seus produtos, achegándonos traileres, entrevistas, making of...

Alegría é un dos programas de CuacFM que máis tempo leva nas ondas desta emisora e das emisoras libres en xeral. Dedicado á actualidade, entrevistas e boa música rock (e derivados) de tódalas épocas. Bea Ulalume,Tomi Desastre e Mr. Bugalú procuran ser críticos coa nosa realidade sen perder o bo humor, e dando alternativas, que as hai.



Amor en bruto é un podcast de media hora chea de música embrutecedora presentada por Dj Pezunhitas. Garage, Soul, Ska, Punk, R&R, New Wave... Puro Amor en Bruto!.


"As areias comúns métense nos ollos, as areias sonoras entras polas orellas." Así se define un dos podcastes máis veteranos que ademais mantén a orixinalidade dos primeiros intres do podcasting. Pequenas pílulas sonoras que todo afeccionado ao podcast non debe perder.


Os museos coruñeses (Casa das ciencias, Casa do home e Casa dos peixes) ademáis dun podcast con interesante contido utilizan o soporte podcast para que os visitantes poidan percorrer as exposicións acompañados dunha guía sonora, unha iniciativa que ainda que non pioneira segue sen chegar a facerse habitual.



No inicio dos podcast algunha xente relacionábaos con blogues falados, finalmente esa definición e só parte do podcasting e este é un dos exemplos máis senlleiros do estilo persoal para facer falangullos.


Podcast dun alumno da Escola de Audiovisuais de Vigo, sobre música rap e hip hop internacional baixo licenza
creative commons.



c'mmons baby! é un programa sobre a música que se publica baixo licenzas copyleft. Unha produción do ictioscopio para Ego99. (Despois de seis emisións en castelán, o 24 de febreiro de 2008, pasa a facerse en galego.)

Garçon, elabora un programa quincenal para a difusion de festivais e grupos galegos.



O Caixón Audiovisual é un podcast/vídeocast que recolle as distintas actividades audiovisuais desenvolvidas polo profesorado e alumnado do CEIP Sigüeiro. Constitúe un dos exemplos máis claros das posibilidades do podcasting na educación cun resultado final de calidade.



Calidonia conta, ademáis dun coñecido blogue, cun podcast no que podemos escoitar toda clase de curiosidades en formato sonoro. A exclusividade dos audios fan deste podcast unha recomendación con éxito asegurado.


Canal Buabua é un podcast con contidos feitos por nenos e para nenos, que xestionan os educadores Ana González e Fran Iglesias. Empezaron con audio e agora seguen con vídeo.



Neste podcast, Xano Cebreiro, recolle algúns dos traballos sonoros que desenvolve cos seus alumnos de lingua galega e literatura dos terceiros da ESO do IES da Pobra do Caramiñal.



Un outro programa da CuacFM, este é de humor e bizarradas (en castelán).


O colexio Miralba de Vigo, ademáis de contar cunha completa web dispón dun podcast para facer públicos arquivos sonoros que se fan no colexio.


Video podcast centrado na contrainformación política nacional, entrevistas, crónicas, reportaxes...

Crestas e Imperdibles é un programa musical da Radio Piratona, radio libre de Vigo, que nos achega a historia do punk, desde o seu comenzo ata a actualidade.



Sons nas orellas... Miriño deita na rede escolmas cos temas que máis lle andan na súa cabeciña.

Curtas na rede é un concurso para a promoción de curtas que utiliza a internet coma principal medio de comunicación, web e podcast de video son os formatos escollidos (ben escollidos ao noso entender ;) ).

A caixa sonora de Chiquito de la Highway 61, onde recolle cancións sinxelas para un mundo básico, case primitivo e versións galegas de cancións dylanianas.



Divertimento para pequenos monstros é un outro programa da Rádio FilispiM distribuido tamén como podcast e conducido polo Pequeno Monstro, activista do espectro radioeléctrico e dinamitador de quietismos.


O programa da Radio Galega sobre ciencia, Efervesciencia, fai uso do podcasting para comodidade dos ouvintes. É unha das poucas aparicións da ciencia no podcasting e mesmo na radio.


Éste é un dos proxectos máis apaixoantes e orixinais que nos podemos atopar na rede. En escoitar podemos atopar sons gravados por todo o país, catalogados e contextualizados; todo isto en formato podcast e situados nun mapa interactivo na web de escoitar. O proxecto é aberto e nós propios podemos engadir sons ao mapa sonoro galego.


O Ghanito, rexedor do popular Apocalipse do porco, atrévese tamén cos falangullos. No seu falabarato fala de economía e máis do que cadre.


Este é un podcast colaborativo "resultado da fusión de competencias podcasteiras entre O Páramo, Láncara e O Corgo, concellos do sur de Lugo." dirixido por Gelical, podcasteira de sona grazas ao seu Pataca Minuta en español.


Fila 7 é o programa sobre a actualidade e non actualidade do panorama audiovisual galego e do resto do universo coñecido que elabora o alumnado do Ciclo de Produción de Audiovisuais, Radio e espectáctulos do CIFP A Farixa, (Ourense).

Dende Vigo, Cintia e David Alfonso fan un podcast variado sobre cine, musica, series, actualidade, libros, internet...



Gzvideos é o espazo de encontro das iniciativas audiovisuais de comunicación e creación alternativas centradas na realidade e problemáticas sociais da Galiza. Pretende constituir unha comunidade de creación audiovisual alternativa onde conflúan as aportacións creativas d@s video-activistas e video-creadoras galegas.

Cancións do panorama pop e rock internacional do presente e sobre todo do pasado, acompañado de cadansúa letra, concéntranse no podcast Ignore Alien Orders.


De xeito máis ou menos regular este podcast ofrece música indie brevemente comentada, explorando en cada programa grupos, festivais ou tendencias.


io~NOS é un falangullo de música, sen etiquetas, que dirixe e presenta Miriño, tamén coñecido como Curioso Impertinente.

A web Komunikando.net, sitio de referencia para os músicos galegos, lanzou un podcast co que promover as bandas galegas emerxentes, facendo especial énfase nas bandas que publican baixo licenzas abertas.


Lecturas de libros galegos, audiolibros para achegar "a nosa cultura ás persoas que a queiran".

Mariano Grueiro é o primeiro podcasteiro coñecido polo seu mítico podcast "Plan Galicia". No seu afán de divulgación sociocultural na vangarda, lánzase cun novo proxecto súmamente necesario: levar ao podcasting os versos da nosa mellor literatura.


María de Mallou, decidiu encasular as súas intervencións no Extrarradio da Radio Galega e poñelo ao alcance de todos no seu novo recuncho falangulleiro: Mallou.


Actualidade, seccións e sobre todo moito humor, neste podcast do programa da emisora CuacFM chamado Malo Será. O equipo do programa, cun estilo senlleiro na radio do país, afrontan unha hora de radio cada semana na que tenta divertir á audiencia.


Caderno dixital do grupo de Técnicas de Expresión Escrita do IES David Buján de Cambre, que conta ademais cun podcast. Tamén crearon un sitio onde recollen unha escolma de poesía galega cantada, Son de poetas.


Os Museos Científicos da Coruña no seu afán divulgador e pioneiro abren unha canle de podcasts para levar os sons das exposicións e conferencias que transcurren neses museos.


A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro: O Recuncho, un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. de cantos temas sociais e culturais afecten ás mulleres e homes de ferrolterra.
Tamén se pode escoitar a través de Ràdio FilispiM.



O tragasóns é un programa de Mapamundi Radio, en galego-portugués, sobre as músicas do mundo no âmbito da Galego-Lusofonia, a lançar pontes entre Galiza, o resto de países lusófonos e qualquer lugar do mundo onde haja quem fale a nossa língua comum. Emite tamén por Rádio FilispiM.


Ouveos na noite é unha das mutacións de Zimmer103 que no seu particular estilo ofrece unha ollada mandrílica da realidade. Como podcasteiro leva xa tempo con ouveos pero a súa aportación perdeuse no limbo dos servidores caidos, esta é a súa segunda xeira de ouveos.


Podcast de alumnos da Escola de Audiovisuais de Vigo con lecturas de relatos e poemas.



Dende unha aldea de Lugo faise un dos podcast de maior éxito no estado, Patacaminuta. Un podcast temático en torno ás cousas que nos fan sentir estúpidos e no que a audiencia ten un importante papel.



Perfidia é un programa de radio que se leva emitindo dende hai anos en CuacFM e que semana tras semana trae a éxtase rockeira do panorama nacional e internacional. Veteranos da radio convertidos en podcasteiros.


Podcast dun alumno da Escola de Audiovisuais de Vigo sobre música electrónica, dende a súa prehistoria, alá a principios do século pasado cos experimentos de vangardas coma o futurismo, até os nosos días.



A Asociación Socio-Pedagóxica galega deita na rede este podcast destinado á educación dividido en cinco canles distintas:
Arquitectura.
Arquivos sobre arquitectura e a súa evolución en Galiza.


Ciencias e natureza.
Variedade de arquivos sobre o planeta Terra, natureza, instrumentos musicais...


Lingua.
Lecturas de textos, estudos lingüísticos...


Persoeiros.
Arquivos sobre persoeiros como Luis Seoane, Luis Pimentel, Otero Pedrayo, Ricardo Carvalho Calero...


Pintura.
Vídeos que abranguen os diferentes movementos artísticos que xurdiron ó longo dos séculos.



Un podcast xa finado pero que conserva o espírito innovador das primeras experiencias podcasteiras en español. Podfabs! son músicas acompañadas do imaxinario e o enxeño do ictioscopio.



Podpailán agromou das cinzas do Chuza News, un dos podcast máis populares da rede que xa pechou a súa exitosa andaina; con todo, Podpailán promete continuar podcasteando por outros vieiros.


Outro podcast de alumnos da Escola de Audiovisuais de Vigo, conducido por Zerocerouno e Machomen, no que falan da actualidade en clave de humor ácido.



Proxecto Identidade é o resultado dunha aventura na que se embarcaron 54 blogueiros, un libro á túa disposición tanto en formato físico como en e-book. Agora enceta o formato podcast coas voces doutros blogueiros e podcasteiros que farán do proxecto algo máis vivo.


RadioOceánica, da Radio Galega Música, emprega o podcasting para que cando os seus ouvintes non poder estar o domingo ás 22:00 coa orella pegada ao transistor non perdan detalle e o poidan escoitalo no intre que mellor lles veña.


Suso Rubio é o responsable de facernos chegar parte das emisión de Radio Valadouro a través do seu podcast e descubrir o que pasa polo concello do Valadouro.


Radio-ds son audios en formato podcast con novidades musicais galegas e un espazo de conversa, creado dende o colectivo Proxecto-ds.


Recendo é un programa cultural da CUAC fm feito pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, da Coruña.



O grupo Remolca Madriña tamén utiliza o podcasting para facer públicas as súas cancións.


Dende a factoría radiofónica da CuacFM, un novo programa de radio súmase ao podcasting. Resaca musical ofrece dúas horas de música e información sobre o panorama internacional do pop de do rock.


Rockisome é un podcast dirixido a tod@s aquelas persoas que lles guste o rock no seu senso máis amplo, garaxe. metal, hc, punk, blues-rock..etc. Un espazo de amor a música e o seu soporte: o vinilo.


Saber máis naceu no blogue Simae para tentar precisamente saber máis, sobre historia e cultura galega. Tras un periodo non sindicable agora temos a posibilidade de subscribirnos ao seu rss.


O colectivo Sinsal ten entre as súas actividades máis senlleiras a organización do xa mítico Festival Sinsal. Para os que non poidan acudir algunha edición, o colectivo ofrece un podcast coas grabacións de anacos dos concertos. As interconexións entre diversos grupos relacionados coa investigación sonora fixo que no pasado este podcast contara con varias edicións de "A etiqueta" un programa radiofónico emitido so en Vigo uns anos atrás e que pasaba por ser o programa referente do mundo do son e da música.



Falangullo que promociona a grupos emerxentes principalmente galegos nun ambiente distendido.


SoundsOK é un podcast sobre música e caralladas feito desde Compostela e presentado por Francisco Dans, Nicolás Soto e Santiago Codesido. Polo San Martiño do 2007 fixeron un episodio especial en galego dedicado ao benquerido Zimmer103.



Tecnívoros (do grego: tekne (arte, técnica ou oficio) e do latín voro (comer, consumir)) é un blog sobre informática e tecnoloxía para a xente de a pé, achegando estas temáticas (as veces complexas) dunha forma entretida e sinxela para todo o mundo.
Naceu a raíz dun pequeno apartado sobre novas tecnoloxías no programa Entre Nós, de Radio Lalín en colaboración con Lucanus Creación Visual, que se emite os xoves as 11 da maña.



Na biblioteca do IES as Mariñas levan os textos literarios ao podcasting.


Volonté é un grupo de música experimental que utiliza o podcasting como xeito de levar os seus novos temas ao seu público.


O famosísimo programa de radio Zapping tamén conta cun podcast onde poderemos escoitar os programas que nos perdemos do dúo cómico radiofónico máis famoso de Galicia.



ZuHause, é un podcast sobre viaxes realizado por Gabriel S. Balirac, estudante de Publicidade e Relacións Públicas na Universidade de Vigo. Está sen actualizar desde decembro de 2006.


